As Somozas abre a piscina na área recreativa do Carballo con servizo de cantina

O Concello das Somozas abrirá este mes de xuño a piscina descuberta municipal para a tempada estival, que volverá a contar con servizo de cantina.

O horario de apertura ao público será de luns a domingo, en horario de 14:30 a 20:30 horas. As persoas abonadas ao pavillón multiusos teñen acceso gratuíto á piscina descuberta, para iso deberán identificarse con algún documento acreditativo con foto.

Tamén, as persoas abonadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón, o cal terá o seguinte horario nos meses de xullo e agosto: de luns a venres de 10:00  a 13:00 horas e de 18:00  a 21:00 horas.

As solicitudes de abonos para a piscina descuberta deberán facerse no Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Servizo cantina

Outro ano máis, as instalacións contarán con servizo de cantina, anexo ás instalacións, que estará a disposición dos usuarios das instalacións do 22 de xuño ao 30 de setembro, no mesmo horario ca piscina.

Lea también

La Escuela de Música de Ortigueira abre el plazo de inscripción para 10 talleres

A Escuela de Música Municipal de Ortigueira lanza su oferta de 10 talleres para el curso …