Ademais da noite meiga das Somozas, a parroquia de Seixas acollerá o seu San Xoán unha noite antes, a deste sábado 22 de xuño.
O Concello das Somozas prepárase para celebrar a súa gran noite meiga, unha cita que ten como obxectivo dar a coñecer e recuperar as tradicións que acompañan a esta data tan arraigada na cultura popular galega. Esta edición celebrase o domingo 23 de xuño, a partir das 20:00 horas, na área recreativa do Carballo e inclúe propostas de lecer para toda a veciñanza.
Entre as actividades programadas destacan as propostas para o público máis novo, con actividades de animación infantil, así como unha sardiñada popular para toda a veciñanza que se achegue á zona. A celebración contará tamén coas actuacións musicais en directo de “Grupo BlackJack e “The Fabulous Frank Fairlane Dj”.
O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, anima a toda a veciñanza a gozar desta noite meiga, “unha proposta cultural que pretende ser un punto de encontro da veciñanza para gozar dunha noite máxica na nosa vila”.
Ampla programación cultural de verán
Ademais da noite meiga das Somozas, a parroquia de Seixas acollerá o seu San Xoán unha noite antes, a do sábado 22 de xuño.
O campo da festa de Seixas será o escenario para esta festa de San Xoán na que haberá cea e fogueira desde as 21:00 horas. A Asociación de veciños de Santa María de Seixas organiza esta celebración, en colaboración co Concello, na que o menú gastronómico estará composto por empanada, churrasco, chourizo, patacas, pan, bebida e postre e que terá un custo de 17 euros para os socios, 22 euros para os non socios e 10 euros para os nenos.
Tamén, durante a fin de semana do 6 e 7 de xullo, Recemel acollerá as súas festas na Honra a Santa Isabel onde actuarán as orquestras Stereo e Dúo Crazy o sábado e Trío D`Nika o domingo.
Ademais, os dous días haberá misa solemne ás 13:00 h, fogos de artificio e sesión vermú.