Fene leva as súas propostas á Feira Primavera no Camiño Inglés

O Concello de Fene participa este sábado 22 de xuño, nunha nova edición do “Primavera no Camiño Inglés”. O evento, organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, decorrerá nesta ocasión nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, entre as 11 e as 20 horas.

As persoas que se acheguen até o posto do Concello de Fene na feira atoparán información turística sobre as actividades e propostas do territorio, como o Museo do Humor, representado cunha monografía orixinal de Xaquín Marín, o Encontro de Lavandeiras ou o Perla Mural Fest, entre outros.

Ademais, o Concello de Fene colabora con actividades que se irán desenvolvendo ao longo do día nos diferentes espazos do Primavera no Camiño. Nesta liña, o programa de espectáculos desta feira de promoción turística abrirase coa actuación, ás 11.45 horas, da Banda Xuvenil Airiños de Fene, mentres que a Confraría de Barallobre desenvolverá un showcooking sobre cociñado de vieiras entre as 11.45h e as 12.30h no espazo gastronómico.

“Fene ten moito por ofrecer, e as persoas que chegan ao noso concello percorrendo o Camiño Inglés teñen unha oportunidade única de descubrir a nosa gastronomía e a gran oferta cultural e de natureza que temos no noso concello”, apuntou a concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, quen convidou ás persoas que se acheguen ao Primavera a visitar o posto de información de Fene.

Lea también

Inaugurada en la Galería Platas la exposición antológica de Xaime Quesada, en Ferrol

En la tarde de este viernes ha tenido lugar el  acto inaugural de la exposición …