A Copa Deputación de Balonmán na Rúa chega a Cedeira

A pista de balonmán instalada na praza da Revolta de Cedeira acolle durante esta fin se semana os partidos da Copa 5×5 Deputación da Coruña, que pretende levar este deporte a nenos de entre 6 e 11 anos dunha forma lúdica e divertida.

Fuente Deputación de A Coruña

O evento, que se celebra en Cedeira tras o seu paso pola cidade da Coruña e os concellos de Negreira, Sada, Zas e Oroso recalará nun total de sete concellos da provincia. O circuíto contará  coa participación de máis de 1.600 deportistas e pretende achegar o deporte do balonmán a todos os públicos e favorecer a práctica desta disciplina deportiva.

No caso de Cedeira, participan un total de 20 equipos e máis dun centenar de nenos.

Na praza da Revolta está xa instalada unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos.

A pista dispón de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas e nalgunhas sedes incluso un dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos deportistas son os protagonistas.

A deputada  Rosa Ana García, participará o domingo 16 de xuño ás 13.30 horas, no acto de entrega de medallas e trofeos aos gañadores do evento de Oroso.

 O circuíto rematará a vindeira semana en Ribeira.

Lea también

Avanzan las obras de remodelación de las pistas de fútbol de Caranza para crear un nuevo campo de fútbol 11

Las obras de remodelación de las actuales pistas de fútbol 8 del parque deportivo de …