Xabier Vizcaino abre a lata do seu próximo traballo co sinxelo titulado «Tóxico»

O cantautor galego Xabier Vizcaino, coñecido polas súas emblemáticas composicións como «Sete Chorares» ou “Camiños», e o que foi xurado do certame “O Talentiño”do Concello de Ferrol, sorprende unha vez máis co lanzamento do seu novo sinxelo «Tóxico«. Este tema serve como adianto do que será o seu próximo traballo discográfico.

«Tóxico» mantén a esencia melódica que caracteriza ao compositor do Incio, pero introduce unha temática novidosa: o amor tóxico. Vizcaino aborda nesta canción unha realidade presente na vida cotiá pero que, ata agora, non explorara nas súas letras. En declaracións a Galicia Ártabra comenta: «Sempre escribín sobre o amor, pero nunca tratara esta faceta, ao amor Tóxico. Unha historia de amor no mundo tóxico que estamos creando», explica o artista.

O lanzamento do sinxelo “Tóxico» Vizcaino marca o inicio e adianto do que será o seu próximo traballo. O Videoclip está xa dispoñible dende este xoves, día 13,  en youtube e este venres estrearase nas principais plataformas dixitais

Lea también

Equiocio Ferrol estrea as actividades previas ao certame

Unha vintena de persoas participaron este pasado sábado no primeiro dos dous itinerarios de sendeirismo …