Cristina Collazo e Iago Formosel acadan o pase ó Gadis Longboard Festival da WSL

Os triais disputaronse  en augas de Esmelle da man da Federación Galega de Surf. Os dous surfistas galegos acadaron o pase directo a competición principal. 

Fuente Classic Surf Pro

Cristina Collazo e Iago Formosel son os dous surfistas galegos que desde o venres 14 tomen parte o Gadis Longboard Festival de Ferrol, a primeira das tres probas da WSL en Galicia este verán. 

Cris Collazo Wildcard/ Fuente Classic Surf Pro
Iago Formosel Wildcard/ Fuente Classic Surf Pro

Ambos amosaron a súa ledicia tras acadar os ansiados wildcard, o convite directo da Liga Mundial de Surf Profesional, ao ser os mellores nas respectivas mangas e categorías das rondas desputadas este xoves en augas da praia de Esmelle, con mar prato  e moi pouca onda. 

Fuente Classic Surf Pro

O coruñés Iago Formosel Núñez  acadou a mellor puntuación cun 7,77 por diante de Michi Gómez (2), Daniel Alvite (3) e Patrick Vilán. Na categoría feminina, destacou Cristina Collazo, cun 8.57, por diante de Maria Lafuente (2) e Lola Bermúdez.  

A  entrega dos wildcard adiantose por mor do mal tempo e a competición reanudase o venres 14 na proba principal a partires das 9:00 horas. Será o comezo da proba central: LQS 1,000 da WSL con 61 deportistas: 32 homes e 29 mulleres, chegados de Europa, Suramérica e mesmo das antípodas, cunha representante de Nova Zelanda. 

O campionato vaise desenvolver durante toda a fin de semana co epicentro no cámping das Cabazas, en Covas onde xa está instalada unha pequena vila do surf e toda unha festa a pé de praia.

Se adxunta  o programa completo para la xornada do venres con zona gastro, barra, pista de patinaxe-skate e música en directo.

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …