O campo de fútbol do Cadaval acolle o “Torneo de fútbol base Cidade de Narón”

O campo de fútbol do Cadaval acolle dende este venres 14 ata o domingo 16 o “Torneo de fútbol base Cidade de Narón”, organizado polo Club Deportivo Narón e o Concello. O edil de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da citada entidade, Juan Ramos, presentaron a convocatoria, á que acudirán clubs da comarca e outros procedentes de diferentes localidades galegas.

Na xornada do citado venres, a partir das 16:00 horas disputaranse os partidos da categoría prebenxamín, se ben o sábado dende as 10:00 serán os de benxamíns e o domingo tamén a partir das 10:00 os de alevíns.

Entre a ducia de equipos participantes da comarca, a maiores do anfitrión, o Club Deportivo Narón, participarán outros como o Narón-O Freixo, o Cidade de Narón, o As Pontes… e virán outros como o Ural, o Atlántico Coruña, o Silva, o Vilalbés.

O presidente do CD Narón agradeceu a colaboración do Concello e destacou que o importante neste tipo de torneos é “que o pasen ben os participantes”. Pola súa banda, o edil de Deportes felicitou ao club local polo seu labor durante todo o ano e, en especial, pola súa contribución a fomentar o deporte base na cidade. Santalla animou tamén á veciñanza a acudir a este torneo para animar aos equipos participantes.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …