Un total de 61 deportistas de 12 nacionalidades competirán durante a fin de semana nas costas de Ferrol, para facerse coa coroa da primeira proba oficial da WSL LQS 1,000, a Liga Mundial de Surf Profesional no Gadis Longboard Festival que se disputa do 13 ao 16 de xuño na praia da Fragata.
Coas inscripción xa pechadas, son un total de 29 surfistas na categoria feminina e 32 na masculina. Destacar a presenza, entre as rapazas, de Alice Lemoigne e Zoe Grospiron. Ambas son francesas e pisan con forza no circuito mundial, na elite do longboard. Entre as deportistas galegas: a pontevedresa María Lafuente, que foi a primeira campioa de España de Longboard no 2018.
Entre os varóns, un dos nomes favoritos é Edouard Delpero, francés que ten logrado varias victorias no circuito europeo. A salientar, tamén a presenza de Ben Skinner, Frederico Carrilho (Portugal) e do español Nicolás Andrade (Gijón, 2023), quen xa tomou parte no Longboard World Tour do pasado ano, sen esquecer a Jon Garmendia.
Dentro dos deportistas galegos aos que seguirlles a pista na competición, Iago Formosel, que foi subcampeón de España sub-18. Entre os participantes, figura a neozelandesa Lucy Small, Maya Glasenapp, de Illas Reunión -departamento francés-, surfistas de Polonia, Brasil, Alemania, República Checa, Dinamarca, Holanda xunto con moitas participantes de Francia, Gran Bretaña, Portugal ou España.
Será o arranque da tempada nas nosas costas e a primeira das tres competicións que a Liga Mundial de Surf Profesional (World Surf League) vai desenvolver este verán 2024 en augas galegas xunto co Abanca Pantinclassic Galcia Pro (do 24 ao 1 de setembro) e o Cabreiroá Junior Razo Pro (do 24 ao 28 de setembro).
Os galegos loitarán nos triais polos Wildcard
A competición principiaba este xoves 13 -8:00 horas- cos triais galegos, mangas clasificatorias nas que as e os deportista da nosa comunidade poderán probar as súas destrezas co longboard e lograr o wildcard -convite- que lles dará o pase directo da Federación Galega de Surf á competición principal cos mellores do mundo e que se entregará as 19:00 horas desta tarde. (Remitiremos NdP e fotos dos Wildcards).
O venres 14 comezará a proba principal da WSL coas mangas clasificatorias. Haberá zona gastro, barra e concertos ás 18:30 horas de bandas locais -A Pelo Rock e La Indirigible- con tributos de rock e música indie para facer do evento unha auténtica festa na praia.