Axenda en Narón do 13 ao 16 de xuño

Xoves 13 de xuño de 2024

Actividade: Conferencia sobre a Pena Molexa Hora: 19:00 Lugar: Local social do Val

O historiador honorífico do Concello de Narón André Pena Graña impartirá esta tarde unha conferencia sobre a Pena Molexa. A convocatoria está aberta á participación da cidadanía en xeral.

 

Venres 14 de xuño de 2024

Actividade: Torneo de fútbol base Cidade de Narón Hora: A partir das 16:30 Lugar: Campo de fútbol do Cadaval

Unha ducia de equipos da comarca e doutras localidades galegas xogarán cada unha das tres xornadas deste torneo, organizado polo polo Club Deportivo Narón e o Concello.

Sábado 15 de xuño de 2024

Actividade: “XXX Torneo de Balonmán Cidade de Narón” Hora: A partir das 10:00 Lugar: Pavillón polideportivo da Gándara

Os clubs Balonmán Narón, Tirso de Molina, OAR A Coruña e Barlonmán Culleredo-Opemat participarán neste torneo. O Concello colabora co clublocal na organización da convocatoria.

Actividade: Torneo de fútbol base Cidade de Narón Hora: Dende as 10:00 ata as 19:00 Lugar: Campo de fútbol do Cadaval

Actividade: “As Lendas de San Xoán” Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal

Os nenos a partir de 4 anos son os destinatarios deste obradoiro, no que coñecerán o nome das sete herbas máxicas de San Xoán e as súas propiedades, así como as lendas asociadas a esta data. A actividade require inscrición previa. 

Actividade: Recreación das Lendas da Pena Molexa Hora: Dende as 18:00 Lugar: Inmediacións da Pena Molexa (O Val).

Ás 18:00 horas comezarán os xoogs tradicionais e ás 19:00 horas comezará a actuación de Pablo Díaz. A partir das 20:00 horas comezarán a servirse as racións de churrasco e os bocatas molexos. A música continuará ás 22:00 horas con Os d´Abaixo e ás 00.00 alumnado da Escola de Teatro de Narón representará a Lenda da Fada da Pena Molexa. Pechará a programación a actuación do grupo de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón.

Domingo 16 de xuño de 2024

Actividade: Andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós” Hora: Saída ás 9:30 horas do magnolio do paseo marítimo de Xuvia Lugar: Xuvia

As persoas que acudirán a esta andaina, unhas 80, realizarán un percorrido pola Ruta dos Muíños e o mirador de Ancos. En total, uns 13,5 quilómetros que se prevén realizar en tres horas e media. Ao rematar, os participantes poderán degustar callos que se servirán no paseo de Xuvia para celebrar o remate desta tempada do programa municipal “Ponte en ruta con nós”.

Actividade: III Trofeo de fin de escolas de tiro con arco Hora: Dende as 9:30 Lugar: Campo de fútbol de San Mateo

Fuente Club Arco Narón

Algo máis de medio cento de arqueiros, de entre 3 e 60 anos procedentes de nove clubs galegos participarán nesta convocatoria, organizada polo Club Arco Narón en colaboración co Concello.

Actividade: Semifinais da Copa Deputación de fútbol Hora: Dende as 10:00 e pola tarde dende as 16:30 Lugar: Estadio de Río Seco

Os partidos das semifinais xogaranos o Victoria CF e o Xallas CF na final feminina pola mañá e pola tarde o gañador desa primeira convocatoria coñecerá ao rival, que sairá do partido entre o Boiro e O Val. No cadro masculino xogarán o San Tirso e o Sigüeiro ás 12:30 a primeira semifinal e pola tarde ás 19:00 o Dumbría e O Val

Actividade: Torneo de fútbol base Cidade de Narón Hora: De 10:00 a 19:00 Lugar: Campo de fútbol do Cadaval

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …