O BNG de Ferrol reúnese coa ANPA do colexio A Laxe polo proceso de matriculación

Colexio A Laxe

O grupo municipal do BNG no concello de Ferrol mantivo un encontro con representantes da ANPA do colexio A Laxe de Valón para analizar «a problemática xurdida neste centro escolar en relación ao proceso de admisión tras quedar en lista de agarda catro nenos».

María Lopez, concelleira do BNG, sinala que «hai familias que non puideron matricular aos seus fillos no colexio escollido pola negativa da Conselleria de Educación de darlle unha solución para este centro. A razón de quedaren en lista de agarda ven dada pola situación actual dos cambios provocados polo acordo asinado polos sindicatos: UGT:, ANPE e CCOO coa Xunta onde a rebaixa das ratios na busqueda dunha suposta mellora na calidade educativa converteuse nunha ferramenta da administración para poder aplicar recortes educativos nos centros».

«Neste centro poderían ter a posibilidade de desdobrar unidades e a negativa da Xunta para contratar máis persoal docente deixan sen admitir a estas crianzas que están a espera da resolución final da Xunta».

María López lamenta «o silencio do goberno local de Ferrol diante desta situación máxime cando a responsábel da area é ao mesmo tempo a directora deste centro e sendo preguntada por este conflicto na Comisión informativa municipal da semana pasada contesta que aínda non hai unha resolución definitiva».

«Por todo isto reunímonos coa Anpa do colexio A Laxe despois de que estas familias nos puxeran en coñecemento da situación que están a padecer no seu centro coa non admisión destas crianzas. Un centro do rural da nosa cidade que ten moitas potencialidades e que desde a administración non se esta a potenciar».

Lea también

Los tres finalistas del Concurso Intl de Piano Ciudad de Ferrol actúan en el auditorio

La organización del XXXIV Concurso Internacional de Piano Ciudad de Ferrol ha comunicado el nombre …