Narón abre o prazo de inscrición no programa “Vémonos” dirixido á mocidade

A través deste programa, os participantes realizarán actividades, como caiac, obradoiro LGTBIQ+, karaoke, un reto Steam, scape room, gincana deportiva, misións de Laser Tag, xogos cooperativos, e unha visita ao Aquapark de Cerceda.

O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, presentando este mércores o programa “Vémonos”.

O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, presentou na mañá deste mércores o programa “Vémonos”, dirixido a rapazas e rapaces nados entre 2007 e 2011. O edil avanzou que a Casa da Mocidade de Narón acollerá do 8 ao 13 de xullo unha serie de actividades educativas pensadas para menores e informou que se ofrecen dez prazas en quenda libre, quedando outras dez reservadas para persoas derivadas de servizos sociais e con diversidade funcional.

As inscricións abriranse dende mañá xoves ás 8:30 horas ata o 26 de xuño ás 13:00 horas no Rexistro e na Sede Electrónica de Narón e terán preferencia os menores empadroados nesta cidade. No caso de que a demanda de prazas de quenda libre supere á oferta realizarase un sorteo público para adxudicalas.

A través deste programa, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas os participantes realizarán varias actividades, como caiac, obradoiro LGTBIQ+, karaoke, un reto Steam, scape room, gincana deportiva, misións de Laser Tag, xogos cooperativos, e unha visita ao Aquapark de Cerceda. Esta última proposta terá lugar o 12 de xullo, día no que o horario será de 10:00 a 17:00 horas, tal e como apuntou o concelleiro naronés.

O edil animou ás mozas e mozos de Narón a inscribirse neste programa municipal, de balde, “co fin de desfrutar de novas experiencias e amizades durante unha semana, realizando actividades moi variadas no ámbito do lecer e tamén actividades de sensibilización na área da Igualdade, da saúde e do medio ambiente”.

Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108, 1109 e 1111). O programa está subvencionado polo Ministerio de Igualdade, no marco do programa Plan Corresponsables no ámbito local.

Lea también

Convocado el XX Trofeo «Cidade de Narón» de Tiro con Arco

El Club ARCO Narón, de acuerdo con el Calendario Oficial de la Federación Galega y …