O BNG de Ferrol invita ó Goberno local refedinir o proxecto do Sánchez Aguilera

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG de Ferrol, afirmou que «co proxecto de urbanización do Sánchez Aguilera estamos diante dunha oportunidade única e que non se repetirá». «Unha oportunidade única que deberiamos aproveitar para facer deste espazo central un gran pulmón verde no mesmo corazón de Ferrol».

Por estes motivos o portavoz nacionalista solicitou ao alcalde da cidade que «reflexione respecto de que futuro quere deixar para a veciñanza». Neste senso o portavoz nacionalista anima a Rey Varela a «redefinir o proxecto de urbanización do Sánchez Aguilera sobre a base dos criterios do urbanismo actual, incrementando a dotación de zonas verdes e abandonando os presupostos anacrónicos de desarrollismo urbano que sustentaron a redacción dun Plan como o do Sánchez Aguilera que propón para este espazo máis de 460 vivendas e un gran centro comercial de 20.000 m2 «

Iván Rivas, advirte que «o proxecto de urbanización do Sánchez Aguilera correspóndese cun modelo de cidade de hai máis dunha década, que é o momento da súa concepción. Un modelo de cidade anacrónico baseado nos parámetros da burbulla inmobiliaria e que actualmente está superado e non responde aos actuais criterios de sustentabilidade medioambiental e urbana»

«Un modelo de urbanismo do que en Ferrol xa temos exemplos fallidos como o Bertón do que deberiamos aprender. Un proxecto de urbanización que, como o mencionado, leva consigo riscos evidentes produto de que a construción das edificacións non está asociada ao desenvolvemento da urbanización».

Para o BNG esta é «unha operación urbanística baseada no ladrillo e no asfalto cando o que precisa Ferrol non é construír máis senón rehabilitar o que hai xa construído e desenvolver a súa vez grandes zonas verdes que fagan de Ferrol unha cidade moderna e sustentable».

Adxúntase o audio de Iván Rivas, portavoz do BNG de Ferrol

Lea también

Más de 350 nadadores se dan cita en el «Trofeo Marcos García Ciudad de Ferrol»

La competición se celebrará el sábado día 31 en el complejo polideportivo Javier Gómez Noya. …