A praia ferrolana da Fragata acolle o Gadis Longboard Festival

Este  xoves arrican os triais galegos clasificatorios para a primeira das tres competicións da WSL en augas galegas . As Cabazas será unha festa do surf con música en directo, foodtrucks, pista de skate, sorteos e bautismos de surf .

Fuente classicsurfpro

A praia da Fragata, Covas, Ferrol será unha festa esta fin de semana coa celebración do Gadis Longboard Festival (do 13 ao 16 de xuño) unha proba oficial da WSL LQS 1,000 con 61 deportistas inscritos (29 na categoría feminina e 32 na masculina)  chegados de toda Europa pero tamén de Australia e Suramérica. 

Será o arranque da tempada nas nosas costas e a primeira das tres competicións que a Liga Mundial de Surf Profesional (World Surf League) vai desenvolver este verán 2024 en augas galegas xunto co Abanca Pantinclassic Galicia Pro (do 24 ao 1 de setembro) e o Cabreiroá Junior Razo Pro (do 24 ao 28 de setembro). 

Fuente classicsurfpro

Tres escenarios, tres praias, tres concellos –Ferrol, Valdoviño e Carballo– e tres oportunidades de ver aos mellores surfistas do planeta competindo na Coruña, collendo ondas e dando espectáculo nunha terra con 956 kilómetros de costa e unhas condicións irrepetible para la práctico dos deportes de auga e un escaparate para captar un turismo sostible, desestacionalizado e sensibilizado na protección do medio ambiente. 

A competición principia o xoves 13 -8:00 horas- cos triais galegos, mangas clasificatorias  nas que as e  os deportista da nosa comunidade poderán probar as súas destrezas co longboard  e lograr o wildcard -convite- que lles dará o pase directo da Federación Galega de Surf á competición principal cos mellores do mundo e que se entregará as 19:00 horas. 

A presentación institucional do evento terá lugar o venres 14  ás 17:00 horas na pequena vila do surf que xa está instalada no camping la carón da propia praia coa participación do alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela e do director da competición, Yago Barreto, xunto con outras autoridades e convidados.  

Música, Skate, Zona gastro e sorteos

Barra e foodtrucks na zona gastronómica abrirán portas ás 12:00 mentres que as zonas de ocio e actividades de skate session na pista de skate Barrel by Dale Candela estarán operativas desde as 10:00 horas até o remate das sesións. 

E vai anotando na axenda as datas e horas dos  concertos en directo ás 18:30 horas con bandas locais como “A Pelo Rock”, venres 13,  cun tributo a Platero y tú, e o sábado 14 con «La Indirigible» con versións de Viva Suecia, Arde Bogotá, Vetusta Morla ou Izal. 

Ademais, por suposto, bautismos de surf, sorteos en directo no stand de Gadis para probar fortuna coa sua “ruleta”, con premio asegurado de 12:00 a 20:00 horas, e moito espectáculo nas ondas. 

Fuente classicsurfpro

Lea también

Besteiro reclama la «digitalización» de todos los documentos que custodia el Archivo Militar de Ferrol

El Ministerio de Defensa confirmó recientemente que permanecerán en la ciudad naval y no se …