Iván Rivas portavoz do BNG Ferrol considera unha boa noticia o avance electoral da formación

Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, considerou que o avance electoral do BNG nas eleccións europeas deste domingo «supoñen dúas moi boas noticias para esta cidade e para este país».

O portavoz nacionalista afirmou que, «por unha parte, estas eleccións demostran que o proxecto político alternativo que existe en Galiza, o proxecto do BNG, cada vez se fai máis firme e se consolida elección tras elección, incrementando o seu respaldo social».

«Así mesmo, considerou que nun contexto político crucial para o futuro, como o que estamos a vivir, tanto no Estado como na UE, que Galiza vaia ter voz propia na UE a través da deputada do BNG e fundamental para a defensa dos intereses dos galegos».

Para Rivas, estas circunstancias «permitirán que debates e problemas que levan tempo agardando por unha solución nesta cidade como o estado da infraestructuras ferroviarias, a recuperación medioambiental da ría ou mesmo a aposta por un complexo integral para a construción naval poidan ser susceptibles de avanzar de maneira decidida grazas á presenza do BNG no parlamento Europeo e ao seu cada vez maior respaldo social».

Lea también

La AVV A Magdalena celebró el «Día de la Música» con Pregón y destacadas actuaciones de «Añoranzas» y Coro Rociero

De auténtico y destacado espectáculo se puede calificar el ofrecido en la tarde de este …