Entrega en Fene dos premios do II concurso de BD de Humor Demo Pequeno

Foto de grupo dos gañadores do concurso

O xurado fallou os premios do concurso o pasado 9 de maio, e estuvo formado polos debuxantes Inés Vázquez e Víctor Boullón, xunto co autor de bd e editor de Demo Editorial, Manel Cráneo, e a coordinadora do Museo do Humor Xaquín Marín, Almudena Marcos.

No acto deste venres 7 de junio entregáronse os premios aos gañadores/as: Diego Noguerol Feijoo (1º premio categoría Infantil), Maia Tato Rodríguez (2º premio categoría Infantil), Ainara Soto Reino (1º premio categoría Xuvenil), e Ana Manso López e Gael Rivas Núñez , do CPR Santa Juana de Lestonnac, Ferrol (2º premio categoría Xuvenil). Tamén un diploma e un pequeño agasallo para os finalistas da categoría Xuvenil: Jimena Rivas Garel, do IES Concepción Arenal, Ferrol, e Noa Fachal Bermúdez, do CPI San Sadurniño.

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, o concelleiro de Cultura de Fene, Justo Ardá, o editor de Demo Editorial, Manel Cráneo, a responsable do Museo do Humor Xaquin Marín, Almudena Marcos e a debuxante e membro do xurado Inés Vázquez acompañaron aos gañadores e a todos os participantes da mostra.

-Na categoría infantil (de 8 a 11 anos)

Diego Noguerol Feijoo-1º premio infantil

1º Premio, dotado con 100 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75€ e diploma, á obra presentada co título Xeriátrico de Robots. Aberta a plica, o seu autor é Diego Noguerol Feijoo. O xurado valorou a calidade técnica do debuxo, a limpeza no tratamento da cor, unha boa composición e un guión que acompaña coa calidade do debuxo. Ademais salientou que a historia se entende con total claridade.

Maia Tato Rodriguez, 2º premio Infantil

2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 50€ e diploma, á obra presentada co título Desde o seu punto de vista. Aberta a plica, a súa autora é Maia Tato Rodríguez. O xurado valorou que o guión da historia é moi divertido e que se entende moi ben, convidando a serguir lendo. Ademais, condensa moita información en pouco espacio, sen deixar de ser unha historia de síntese. E que o deseño do personaxe central é moi orixinal e mola moito.

-Na categoría Xuvenil (de 12 a 16 anos)

Ainara Soto Reino -1º premio Xuvenil

1º Premio, dotado con 100 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 100€ e diploma, á obra presentada co título Imaxinando o futuroAberta a plica, a súa autora é Ainara Soto Reino. O xurado valorou a combinación perfecta entre guión e debuxo, unha técnica de cor espectacular en relación á categoría que compite e o uso moi correcto da narrativa gráfica.

Ana Manso López e Gael Rivas Nuñez- 2º premio Xuvenil

2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75 € e diploma, á obra presentada sen título. Aberta a plica os seus autores son Ana Manso López e Gael Rivas Núñez (CPR Santa Juana de Lestonnac). O xurado valorou a minuciosidade do debuxo e a calidade do entintado. Tamén salientou a narrativa, clara e directa, e o carácter optimista da historia, resolta con humor branco.

Jimena Rivas Garel -Finalista Xuventil

-Asemade, o xurado acordou nomear finalistas na categoría Xuvenil, con diploma e agasallo pero sen dotación económica, aos traballos presentados por Jimena Rivas Garel (IES Concepción Arenal, Ferrol), co título O paraxo robot, e Noa Fachal Bermúdez (CPI San Sadurniño), co título Carmen e as novas tecnoloxías.

Noa Fachal Bermudez- Finalista Xuvenil

A exposición do II Concurso de BD de Humor Demo Pequeno permanecerá aberta ao público nas instalacións do Museo do Humor Xaquín Marín (Avda. de Conces, 20-22, Fene) ata o mércores 31 de xullo. O horario de visitas até o próximo 21 de xuño será: de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. A partir desa data, por mor do cambio ao horario estival, a instalación abrirá ao público de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.

Ademais, segundo anunciaron as entidades organizadoras, á par que abre ao público a exposición física, tamén se poderán ver todas as obras presentadas ao certame nunha galería virtual dispoñible na web do centro fenés (museodohumor.fene.gal).

 

Lea también

Inaugurada en el Torrente Ballester la muestra fotográfica ‘A Galicia inédita’,

El Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol ha acogido este jueves la inauguración de la …