Segunda regata do Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña

A regata conta con 13 equipos e 320 deportistas de entre 6 e 16 anos inscritos.

Foto Diputación de A Coruña

Betanzos acolle este sábado 8 a segunda proba do III Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, unha competición organizada en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo na que está prevista a participación de 13 clubs de toda a provincia e máis de 300 deportistas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos das categorías pre benxamín, benxamín, infantil e cadete e nas modalidades de kaiak e canoa.

Trátase da segunda proba do Circuíto, tras a disputada en Pontedeume o pasado 1 de maio, e continuará con outras regatas previstas na Coruña (As Xubias, 7 de xullo), Boiro o 4 de agosto e As Pontes o 7 setembro.

Foto Diputación de A Coruña
Foto Diputación de A Coruña

O deputado de Deportes, Antonio Leira, presentou o evento acompañado da alcaldesa de Betanzos, María Barral e o presidente da Federación de Piragüismo, José Bea. Tamén estiveron presentes o membro do Club Náutico Ría de Betanzos, Javier Benito; o primeiro tenente de alcalde de Pontedeume, José Simoes; o concelleiro de Deportes de Boiro, Marcos Fajardo; a presidenta do Club Deportivo Náutico Miño, Teresa María Oujo e a tesoureira, Natalia Taracido; ademais de representantes do Club Piragüismo de Narón

Leira destacou “o éxito de convocatoria, con máis de 300 deportistas inscritos para o sábado en Betanzos, o que demostra que esta nova edición do circuíto de piragüismo da Deputación está xerando unha elevada expectación entre os deportistas e clubs de piragüismo da provincia”.

Os clubs participantes nesta nova edición son o Club Rías Baixas Naútico de Boiro, o Grupo Xuvenil de As Pontes, o Club Naútico Ría de Betanzos, o Club Kayak Mar Ría Muros-Noia, a Sociedade Deportiva das Xubias (A Coruña), o Club Naútico de Cambre, o Club Deportivo Naútico de Miño, o Club Ribeiras do Tambre, o Club Cabanas KDM, o Club Náutico Firrete de Pontedeume, o Club de Piragüismo Rianxo, O Club Piragüismo Narón e a Escola de Piragüismo de Outes.

Foto Diputación de A Coruña

En cada unha das cinco probas establecerase o percorrido máis axeitado en función do lugar de celebración da regata, sinalizado con balizas sobre boias e tendo como referencia a distancia de 1.500 metros para benxamíns e alevíns e os 3.000 metros para infantís e cadetes.

Establécense clasificacións individuais e por equipos para cada regata, e unha clasificación final do circuíto por equipos. En cada regata entréganse medallas ou trofeo ás tres primeiras clasificadas de cada categoría e modalidade, ademais de trofeos aos tres primeiros clubs.

Ao final do circuíto repartiranse 16.900 euros en premios entre os clubs participantes, con premios especiais de 2.900 €, 2.450 € e 2.000 € para o primeiro, segundo e terceiro clasificados.

Foto Diputación de A Coruña

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …