Pontedeume investirá 1,5 M€ en obras, mellora de servizos e adquirir solares para novos aparcadoiros

Piscina municipal Pontedeume

O Concello de Pontedeume aprobou este jueves en pleno un modificativo de crédito de 1,5 millóns de euros con cargo ao remanente municipal para mellorar os servizos e infraestruturas públicas municipais. “Obras e investimentos no casco urbano e en todas as parroquias, dando resposta ás demandas veciñais e con actuacións moi necesarias como a primeira fase da reforma da piscina municipal”, explicou no pleno o concelleiro de Urbanismo, Daniel Ríos.

Ademais da reforma da piscina, ampliarase a rede de saneamento en Vizús e o concello renovará os servizos de abastecemento, saneamento e pluviais na avenida de Ferrol. Realizará dous novos aparcadoiros en Santa María de Ombre e a rúa do Empedrado, reparará as cubertas do concello e o centro de maiores, e instalará un parque de calistenia.

Tamén impermebealizará a cuberta do cemiterio municipal de Breamo, fará melloras nas instalacións deportivas e renovará o alumeado público na rúa Eduardo Pondal, Boavista e Los Rosales. Ademais, pavimentará varios camiños en Breamo, Cabría e A Regueira.

Co modificativo de crédito, o concello adquirará por outra parte máis solares para novos aparcadoiros e destinará outra partida a subministros, para novas máquinas deportivas na pisicina e o pavillón, bombas para a depuradora de Ombre, unha escultura de homenaxe ás mulleres do mar e mobiliario urbano.

Por último, haberá outras partidas para a redacción e planificación de novos proxectos de obra, destinados a diferentes actuacions para a mellora dos servizos en Pontedeume.

 

 

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …