O BNG de Ferrol leva ao pleno a demanda dun tren de calidade

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, presentou unha moción en relación coa situación na que se atopan os servizos ferroviarios en Ferrol e «a necesidade da súa modernización co obxectivo de demandar do goberno do estado o incremento dos servizos e frecuencias na liña Ferrol-A Coruña e a execución inmediata de investimentos para a súa adecuación»

Iván Rivas, portavoz nacionalista, sinala que «a mellora dos servizos ferroviarios é un dos principais retos que ten a cidade, ademais de que é un servizo fundamental para vertebrar o territorio de Ferrol coa comarca e co país e para o desenvolvemento económico da cidade. Para isto contar cunhas infraestruturas de transporte ferroviarias que o faciliten é básico».

O BNG advirte que «se está a producir un novo retraso no estudo do baipás de Betanzos coas consecuencias que isto trae aparellado. É incomprensíbel que un proxecto que leva en tramitación máis de 5 anos, non se adaptase xa durante a elaboración á normativa vixente. Así mesmo, tampouco se comprende que o Ministerio de Transportes faga referencia agora á necesidade de axuste dos datos de rendibilidade socioeconómica a data actual o que parece unha nova escusa para atrasar a execución deste proxecto tan necesario para a nosa liña férrea».

Na súa iniciativa o BNG quere que «o pleno demande a execución inmediata do baipás de Betanzos e a medio parazo a modernización da infraestrutura, o material rodante así como a a implantación do tren de proximidade na liña Ferrol-A Coruña».

Iván Rivas insistiu en que «da actual situación de illamento ferroviario só sairemos se somos capaces de criar na cidade unha demanda social suficiente que faga reaxir aos responsábeis políticos desta situación: o goberno do Estado e a Xunta de Galiza».

O BNG quere que «a corporación demande do Ministerio de Transportes unha reunión con todos os grupos municipais co obxecto de abordar o estado das infraestruturas ferroviarias na cidade e a súa renovación».

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …