Jorge Cagiao e Javier Martínez gañan o 36 Rallye de Narón

Jorge Cagiao e Javier Martínez do Recalvi Team, aos mandos dun Alpine A110 R-GT, volveron a subir a podio como gañadores da 36 edición do Rallye de Narón, proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto organizada polo Club Siroco Narón coa colaboración da Deputación da Coruña.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a alcaldesa de Narón, Marían Ferreiro, e o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, participaron no acto de entrega de trofeos aos gañadores.

O rallye contou con dez tramos, cinco deles a dobre pasada, que puxeron a proba a habilidade dos pilotos a través de estradas de Narón, San Sadurniño, As Somozas, Moeche e Cerdido.

Lea también

Boa actuación galega no Campionato de España en Ruta

Un total de seis medallas na categoría individual e unha na de equipos é o …