Este sábado o CLUB KANG participou con 20 deportistas, na Copa Deputación de Pontevedra de Kickboxing nas modalidades de Lightcontact e Kicklight.
Obtiveron un total de 36 medallas, entre as que se encontran 12 Ouros, 12 Pratas e 12 Bronces convertíndose nun dos 3 mellores Clubes da competición.
BETANZOS e FENE xa teñen un espazo moi importante no Kickboxing Galego da man do Club Kang, escola de artes marciais e deportes de contacto.
Os seus competidores fixeron un grandisimo traballo esta fin de semana. «Ver a progresión e como traballamos de igual a igual cos oponentes de clubes de referencia, é un gran estímulo» comentan dende o clube
«Sen dubida, cada paso queda moi patente no avance dos deportistas da nosa escola. Por volumen de licencias federativas, por volumen de participación en eventos, por nivel de formación de mestres/adestradores/profesionais» conclúen.