O presidente do Racing de Ferrol, Manuel Ansede, imparte unha conferencia en Exponav

O presidente do Racing Club Ferrol, Manuel Ansede, imparte este xoves 9 de maio, ás 19:00 horas, na Sala Carlos III da Fundación Exponav, a conferencia “Orgullosos de Ferrol, un sentimento” convidado pola Cátedra Jorge Juan que promove a Universidade da Coruña en colaboración coa Armada e que dirixe a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza.

Desde unha perspectiva histórica, o presidente do Racing Club Ferrol, Manuel Ansede, fará un repaso aos fitos máis importantes da entidade ao longo dos seus máis de cen anos de vida, desde a súa fundación, en 1919, ao amparo dos estaleiros ferroláns, ata a chegada do Grupo Elite, en 2017, abandeirando un ambicioso proxecto encamiñado, en primeira instancia, a devolver ao club ao fútbol profesional.

Un reto que acadou na tempada 2022/23 co ascenso á LALIGA HYPERMOTION e que supuxo ademais a renovación dos fortes vínculos que sempre existiron entre a cidade departamental e, por extensión, coa súa comarca e o Racing Club Ferrol.

Todo isto, xunto co crecemento exponencial da súa masa social e a aspiración de converter a entidade deportiva nun motor social e económico para Ferrolterra guían un proxecto orientado neste intre á consolidación na categoría de prata do fútbol nacional, profesionalizando o club a todos os niveis e dotándoo dunha estrutura e instalacións indispensables para o seu desenvolvemento e viabilidade.

Lea también

Este miércoles empezarán los trabajos de emergencia en el edificio en ruinas en la calle Río Novo

Este sábado tuvo lugar un nuevo derrumbe interior en un edificio abandonado en Ferrol Vello, …