Jose Torregrosa doa o seu arquivo particular ao Ateneo Ferrolan

Acto de entrega do arquivo persoal de José Torregrosa, a cargo de Fernando Ocampo

O mestre, escritor, poeta, xornalista e crítico de cine, José Torregrosa Rodríguez, cede á Biblioteca do Ateneo Ferrolán, entidade tamén moi vinculada a súa vida e da que foi directivo, a colección de prospectos e notas de prensa que constitúen o seu arquivo persoal de Teatro, comprensivo das testemuñas do arte escénico máis importantes da súa vida, destacando especialmente o capítulo dedicado ao lembrado Teatro Estudio. 

Esta doazón foi presentada o día 13 de abril no salón de actos do Ateneo Ferrolán, dentro dos actos de homenaxe ao grupo teatral activo na cidade durante a década dos anos sesenta, Teatro Estudio Ferrol.

Lea también

«A cor do Atlántico», a exposición de Bronwen Sarah Griffith no Ateneo Ferrolán

  A través dos seus lenzos, a artista achéganos á forza e á beleza do …