O Concello das Pontes abre o luns 6 o prazo de inscrición nos “Campamentos Urbanos de Verán 2024” que se desenvolverán nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, en días laborais, e que teñen como obxectivo facilitar e promover a conciliación laboral e familiar durante o período estival.
Os campamentos levaranse a cabo no CEIP A Magdalena e inclúen actividades educativas, de lecer e deportivas e están dirixidos a nenos nados entres 2012 e 2020, habendo un total de 30 prazas para os meses de xuño e setembro e 70 prazas para os meses de xullo e agosto, sendo necesarias un mínimo de 10 inscricións en cada quenda para poder levar a cabo as actividades.
As persoas interesadas poderán optar por dous horarios, de 08:00 a 14:30 horas con posibilidade de almorzo saudable ou de 10:00 a 14:30 horas sen servizos extras.
A veciñanza interesada en participar nestes campamentos de verán de conciliación deberán inscribirse no Rexistro Municipal do Concello, desde o 6 ao 29 de maio, en horario de 8:30 a 13:30 h, previa cita nos números de teléfono 667129388/667129389 o a través da electrónica municipal comezando o prazo o día 6 de maio ás 00.00 e rematando o prazo o 29 de maio ás 14.00 horas.
Xunto co modelo de solicitude de inscrición deberán achegar unha fotocopia do libro de familia (no caso de ser a primeira vez que se inscriben nos campamentos, a fotocopia de DNI da persoa solicitante e menores, o certificado de empadroamento ou a autorización para poder comprobar eses datos no padrón municipal e a Declaración da Renda do 2022.
Doutra banda, tamén será necesario achegar os certificados de empresa conforme se está en período laboral, documentación acreditativa de asistir á formación ou similar, resolución do Programa de atención (PIA) onde se recoñeza a libranza para coidados no contorno familiar por coidador non profesional ou outra documentación que xustifique outras situacións susceptibles de ser baremadas para poder asistir a este campamento.