Aberta a inscrición en Narón para participar nunha xornada de “Iniciación ao mergullo”

O edil de Deportes, Ibán Santalla; o presidente da Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero, e Óscar García, integrante do Club do Mar de Ferrol, presentaron este martes 9 á a segunda edición da xornada de Iniciación ao mergullo que se celebrará na piscina do complexo polideportivo municipal da Gándara.

A convocatoria diríxese a persoas maiores de 12 anos, que deberán inscribirse previamente desde este mércores 10, e dará comezo ás 10:00 horas do día 21 deste mes.

O edil de Deportes indicou que “debido ao éxito da acollida da primeira edición, o pasado mes de febreiro, e a que quedou xente que non puido facela polo límite de prazas, organizamos novamente esta convocatoria dende o Concello, a Agrupación Deportiva Náutico de Narón e o Club do Mar”.

Santalla avanzou que as persoas interesadas en realizalo se poden inscribir ata o día 18 deste mes nas oficinas do Padroado de Deportes, na Gándara, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:00 horas. O prezo da inscrición é de cinco euros por persoa e os participantes dividiranse en grupos reducidos, de seis persoas.

Para participar, a maiores do bañador, gorro e chanclas, é preciso levar tamén unha toalla, tal e como indicaron dende a organización.

Inicialmente ofrécense unha serie de explicacións teóricas para a continuación meterse na piscina da Gándara durante uns 15 ou 20 minutos, e realizar largos mergullando.

Santalla, Guerrero e García animaron á cidadanía a participar nesta actividade, para perder o medo a mergullarse e coñecer as técnicas iniciais desta práctica deportiva.

Lea también

Bronces para os canteiráns do Triatlón Ferrol coa selección galega

As promesas da Escola Javi Gómez Noya do Club Triatlón Ferrol Ariel Soto Meizoso e …