O concello de Neda inicia unha campaña para a detección do cancro de mama

Concello de Neda

O Concello de Neda informou da próxima convocatoria da nova campaña de detección de cáncer de mama dirixida a mulleres de entre 50 e 69 anos. Nesta liña, a concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, Leonor Canosa, incidiu na importancia do programa xa que é unha das poucas enfermidades cancerosas nas que é posible unha detección precoz aínda sen notar ningún síntoma. Así mesmo, as posibilidades de curación, cando se detecta na súa etapa inicial, son prácticamente do 100%. Nesta liña, a edil destacou a actitude positiva das mulleres de Neda, xa que na anterior campaña participaron 629 das 761 convocadas. Isto é, o 80%. A concelleira sinalou que se trata dunha das porcentaxes máis elevadas de toda a provincia da Coruña. Un dato que quixo pór en valor.

Así as cousas, Leonor Canosa explicou que a Consellería de Sanidade, promotora do Programa Galego de Detección do Cancro de Mama, citará ás mulleres de Neda para realizar a respectiva mamografía a finais de marzo ou principios de abril. Así mesmo, a Oficina Municipal de Servizos Sociais sinalou que en breve as mulleres recibirán nos seus domicilios unha carta coa data exacta e ubicación. Deste xeito, pídese encarecidamente que acudan a facerse as probas, xa que moitos casos pódense detectar e curar a través de medidas preventivas como estas.

De feito, na campaña anterior, das 629 revisións realizadas, dez mulleres tiveron que someterse a novas probas ante a detección de anomalías e, destas, a dúas se lles diagnosticou cáncer de mama. De ahí a importancia de participar neste programa sanitario.

Lea también

Clausura en Ares dos obradoiros de Rural TIC

Despois de dúas semanas de actividade, unha centrada en ofertar formacións á veciñanza e a …