A Deputación da Coruña celebra o II Congreso de contratación pública

O teatro Colón acollerá o 1 e o 2 de abril o “II Congreso de contratación pública; por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible”, organizado pola Deputación da Coruña, “co obxectivo de promover unha contratación pública máis axil e eficaz, mais cercana á cidadanía”, apuntou o deputado, Xosé Lois Penas, “nunhas xornadas que reúnen a profesionais de referencia, tanto do sector público como do privado”.

Xosé Lois Penas

Dirixido polo deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento,  Xosé Lois Penas, e coordinado polo xefe do  servizo de Patrimonio e Contratación, Luis Jaime Rodríguez Fernández, este congreso servirá de punto de encontro entre administracións públicas, o tecido empresarial e social e a cidadanía. “A colaboración público privada é fundamental para calquera sociedade, e por iso nos empezamos en que todos os axentes formen parte deste congreso”, sinala Penas, “tendo en conta tamén, por suposto, o aspecto social da contratación pública”.

Neste sentido, a igualdade será un eixo transversal na programación de todo o congreso, que abordará tamén outras temáticas como o medioambiente, a diversidade funcional e o urbanismo social, e que contará tamén coa participación de centros especiais de emprego e entidades do terceiro sector. “A contratación pública debe ter en conta ao conxunto da sociedade e aplicar políticas transversais que promovan a igualdade en tódolos sentidos, e tamén outras cuestións sociais como o respeto medioambiental”.

Ademáis, o día 1 de abril ás 19:30h haberá un concerto de piano e violonchelo aberto ao todo o público, da man de KEILIN & VILARIÑO.

O “II Congreso de contratación pública; por unha contratación máis áxil, eficaz, en igualdade e sostible” aspira a ser “o mellor congreso de contratación de todo o estado deste ano”, afirmou o deputado, e tratará, en definitiva, de “permitir que as empresas sexan o motor da economía da provincia, ofrecéndolles as ferramentas adecuadas e implementando unhas políticas públicas máis áxiles, sociais, dinámicas e igualitarias en todos os procesos”.

O programa completo do congreso pode consultarse neste enlace

Lea también

Rescatadas todas las vacas que se cayeron en un precipicio de Lugo con la colaboración de un helicóptero de Asturias

El rescate de las vacas que se cayeron en un precipicio de Taboada se ha …