Festas e fastos de Ferrol.-As rondallas e a noite das Pepitas

As Festas e os Fastos

As festas e os fastos forman parte da memoria colectiva e do acervo cultural de nosas xentes. No mundo rural as festas sempre seguiron o ancestral calendario das estacións atmosféricas e os ciclos do Sol e da Lúa, adaptándose aos traballos do campo e á evolución das colleitas.

Do mesmo xeito, a Igrexa, co seu secular sincretismo e sabedoría, adaptou as celebracións relixiosas ás festas profanas ás crenzas populares que se celebran ao longo do ano. Algunhas destas celebracións como os fiadeiros e as mallas, ou costumes como as cinzarradas e as regueifas, perdéronse ou consérvanse de xeito testemuñal.

Por outra banda, as cidades e vilas importantes, máis cosmopolitas e indolentes que as aldeas e cunhas tradicións de menor raizame, escollen os meses do verán para para celebrar as festas, moitas veces sen coincidir coa data do patrón, caso de Ferrol.

Precisamente o ciclo festivo de Ferrol amosa ao longo do ano unha serie de fastos que mesturan celebracións relixiosas coas festas populares, unhas inventadas e outras de fonda tradición e con pegada propia na urbe.

A tradición musical de Ferrol

Semella que en Ferrol existe unha certa tradición musical, tanto no que atinxe á música clásica e culta como tamén á chamada música popular, unha tradición ou afección que ven desde tempos atrás. Esta tradición maniféstase pola existencia de teatros, casinos e liceos; a presenza de bandas de música, coros, agrupacións musicais, tunas e rondallas; ou mesmo a celebración de numerosas procesións, festas e romarías na comarca de Ferrolterra.

Houbo de sempre en Ferrol unha manifesta afección cara á música e ao canto coral, patente nas abondosas romarías e festas campestres dos arredores da urbe, ás que concorrían numerosos grupos familiares, que, despois do xantar, entoaban as cancións populares, caso das festas de San Xoán, San Pedro, Virxe de Chamorrro, San Antonio da Cabana, A Mercede de Chanteiro e outros lugares próximos a Ferrol.

A Festa de San Xosé e a Noite das Pepitas

Foi característica de Ferrol a presenza das agrupacións musicais coñecidas como Rondallas, que desde finais do século XIX cantan as súas serenatas na véspera de San Xosé, a Noite das Pepitas, festa celebrada de xeito intenso. O costume procede dos cantores e instrumentistas, que esa noite roldaban á muller ferrolá.

San Xosé, o pai nutricio de Xesús, festexa no mundo cristián desde a Idade Media, un dos nomes máis usados en Galicia, hoxe prostituído pola connotación comercial de ser o 19 de marzo o Día do Pai. En Ferrol ten a especial relevo por levarse a cabo na súa véspera a animada Noite das Pepitas, coa fonda tradición musical das Rondallas, que de sempre tivo o innegable éxito de encher de visitantes as rúas ferrolás.

A celebración de San Xosé Artesán naceu a partir do ano 1886, nunha festa comezada polas Rondallas dos traballadores do sector da construción naval, que combinaban as cancións tradicionais de Ferrol coas habaneiras e a música de alén o mar. Hoxe en día é unha festa arraigada na cidade, coa incorporación da muller, aínda que debería ter lugar máis roldas nas rúas e prazas e menos fastos nas sociedades.

A evolución das Rondallas en Ferrol

A orixe das Rondallas remóntase ao século XIX; formadas de xeito exclusivo por varóns que aportaban voces e instrumentos, para cantar a fermosura da muller ferrolá. A primeira rondalla da que se ten noticia é Los Caballeros de la Edad Media, datada o ano 1886 no Cadro de Esteiro.

Dentro da inicial falta de continuidade dos grupos de cantores e instrumentistas que se formaban nestas datas iniciais, ata comezos de século XX xurdiron outras rondallas de vida efémera como La Tuna Ferrolana, Blanco y Negro, Los Trovadores ou Luz de Aurora.

Entrado o século XX ademais de comezar o traballo dos cultivadores da música folclórica galega (que entre outros crearían o ano 1912 o Coro Toxos e Froles), iniciouse a tarefa dos mozos seguidores das rondallas que se formaron para interpretar nas Festas das Pepitas e nas Festas de Carnaval os valses e danzas dedicados á muller.

A agrupación musical e rondalla Airiños da Miña Terra, que actuou durante e seis anos no panorama musical de Ferrol e alcanzou o máis alto recoñecemento ao longo de toda España, baixo a presidencia do Xeneral da Armada Andrés Comerma.

Mentres agregábanse ás rondas e rondallas existentes en Ferrol outras agrupacións de Neda, Fene, Mugardos ou Pontedeume, as dúas primeiras décadas do século XX foron unha época de esplendor para numerosas agrupacións, gtales como Los Modernos, Los Nocturnos, Dulces Recuerdos, Gondoleros Venecianos, El Céfiro, Juventud Ferrolana e moitas outras que se foron incorporando.

Trala depresión dos anos 1920, seguiu unha época que viño a significar unha clara diminución destas actividades musicais na urbe ferrolán, ata que despois da Guerra Civil de 1936-39 continuou a tradición das rondallas actuando tanto nas festas celebradas na rúa como en entidades culturais e recreativas sociais, tradición revitalizada desde os anos 1980 coa creación de novas agrupacións como Bohemios, Lucero del AlTrala depresión dos anos 1920, seguiu unha época que viño a significar unha clara diminución destas actividades musicais na urbe ferrolán, ata que despois da Guerra Civil de 1936-39 continuou a tradición das rondallas actuando tanto nas festas celebradas na rúa como en entidades culturais e recreativas sociais, tradición revitalizada desde os anos 1980 coa creación de novas agrupacións como Bohemios, Lucero del Alba, Armonía ou Añoranzas.

A estas rondallas propiamente ditas, cunha activa participación nos actos das Festas das Pepitas e as Festas de Carnaval, seguiron novas agrupacións cantoras incluíndo voces femininas (caso da rondalla Só Elas), rondas xuvenís, corais polifónicas, moitas delas subvencionadas polas asociacións recreativas, ofrecendo as súas actuacións e recitais con variados motivos festivos en calquera época do ano.

Os letristas e os músicos das Rondallas de Ferrol

Cumpre lembrar que moitas das cancións das Rondallas e da Noite das Pepitas foron feitas por coñecidos músicos e letristas ferroláns. Poetas e letristas como Pérez Parallé, Fernández Torres ou Wenceslao Veiga, músicos como Gregorio Baudot, o Maestro Malde ou Mauricio Farto e cantores como os irmáns Eduardo, Antonio e Victoriano París. Unha lista interminable de persoas que cimentaron unha tradición que hoxe continúa debuxando valses, mazurcas e habaneras,

Cumpre lembrar a outros personaxes relacionados coa música das rondallas como Ramón Arana “Pizzicato”, Sofía Casanova, Pepito Arriola, Juan Malde, Justo Barcón, o Pai Fanego, Pérez de Arévalo, Leonardo Freijomil e Luis Mera. Non se pode rematar esta panorámica da música en Ferrol sen citalo la colaboración da Sociedad Artística Ferrolana, o Real Coro Toxos e Froles e o Casino Ferrolano.

Como recordo das moitas cancións que interpretaron as Rondallas de Ferrolterra na súa longa traxectoria do tempo, reproducimos parte da emotiva letra de “Si el día de Difuntos”, un poema autobiográfico do poeta ferrolán Ángel Fernández Torres, escrito practicamente no seu leito de morte o ano 1910.

 

As publicacións sobre as Rondallas

No medio do diletantismo que nos invade, cumpre citar as publicacións que trataron este tema como o Caderno de FerrolAnálisis “Ferrol en Noche de Ronda”, a obra “La Noche de las Pepitas” de Rodríguez de los Ríos e a publicación “Cantar en Ferrol” de Sánchez Dopico. As obras citadas fan un percorrido pola historia das rondallas ferrolás, incluíndo variadas letras das cancións e un interesante repertorio gráfico.

Lea también

Presentación de la novela «Confesión» de Eduardo Martínez Rico, en Ferrol

  Recientemente tuvo lugar en el Casino Ferrolano la presentación de la novela «Confesión», de …