A área de igualdade da Deputación da Coruña, liderada pola deputada Soledad Agra, pon en marcha os obradoiros “Pasado, presente e futuro do fútbol feminino”. Cinco obradoiros sobre fútbol feminino en colexios da comarca para alumnado de primaria e secundaria.
O obxectivo destes obradoiros impartidos por Pablo Mariño, adestrador UEFA B da SCD Pastoriza fútbol base feminino; por Cristina Oreiro, adestradora interría feminino 2º división RFEF ex xogadora do Pastoriza; por Uxía Vázquez García, xogadora do SCD Pastoriza e por Carmen Rodríguez, ex xogadora dos anos 60 do SCD Pastoriza Femenino, é analizar a historia recente do fútbol feminino, a situación actual e a importacia do fútbol como medio de formación integral das nenas.
Serán obradoiros nos que os nenos poderán interacturar coas persoas participantes, preguntar e visualizar imaxes, así como poder saber como foi a evolución até a situación actual, mais tamén coñecer todos os atrancos que a día de hoxe se poden atopar no fútbol feminino e no deporte feminino en xeral.
Os dous primeiros destes obradoiros van ter lugar o día 20 de marzo ás 10:15 horas para alumnado do CEIP de Arteixo no auditorio do Centro de novas tecnoloxías e, posteriormente, ás 12:40 para o alumnado de 1º da ESO do IES Manuel Murguía.
Liña de traballo de Igualdade
Estes obradoiros que pon en marcha Igualdade da Deputación da Coruña dan continuidade a un camiño iniciado xa en 2016 co documental sobre deporte feminino «Contra os elementos», coa derealización de 18 videoforums en toda a provincia da Coruña sobre deporte feminino ou coa publicación do libro da autoría de Cristina López Villar «Mulleres pioneiras no deporte».
Labor do SCD Pastoriza
O SCD Pastoriza ten na actualidade máis de 100 fichas de mulleres no clube e conta con catro equipos na liga galega de promesas (campioas temporada 21-22); 1 na liga infantil galega (campionas na fase regular en 2022-2023); 1 equipo senior na liga F/ -Liga coruña FGF e outro equipo senior na Liga de Fútbol 11 -2º división FGF.
O Pastoriza tivo nos anos 60 do século XX un equipo de fútbol de mulleres que xogaban de xeito periódico ao fútbol e que incluso se desprazaron a outras localidades da comarca coruñesa, mais foi nos anos 90 cando un grupo de mozas e mozos denominado «Os berróns» puxeron o fútbol feminino dentro da sociedade deportiva como un dos seus piares. En 1994 organizaron o I torneo de fútbol 7 feminino. Coa chegada do século XXI e coa celebración do 50 aniversario da sociedade foi o momento de crear equipos femininos permanentes e federados de xeito estábel. Nos últimos anos os equipos femininos do Pastoriza gañaron varios campionatos e organizáronse desde a sociedade varios campus deportivos de fútbol feminino e os campionatos de España sub 14 e sub 18 .
Desde o ano 2019 veñen realizando intercambios con equipos femininos doutros paises de europa, o Bath Youth da cidade inglesa de Bath, a Copehague en 2023 e neste 2024 farano cun equipo de Aarau (Suíza).