O Campus Industrial de Ferrol acolle unha conferencia do escritor e xornalista Ramón Loureiro

O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle, o xoves 21 de marzo, ás 18:30 horas, a conferencia “Literatura e Imaxinación: A Creación dun Reino” impartida polo xornalista, escritor e membro numerario da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo, Ramón Loureiro.

Tal e como recoñece o propio Ramón Loureiro, Premio Internacional Afundación Julio Camba de Xornalismo en 2016, ao longo da súa traxectoria como escritor ten creado un universo narrativo propio, a medio camiño entre os mapas e os soños, que ten o seu epicentro na coñecida como Terra de Escandoi, representación da parroquia fenesa de Sillobre, lugar de nacemento do xornalista e escritor.

O tesón de Ramón Loureiro en converter ese territorio en literatura serviulle para obter distincións como a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol, o Premio Letras de Bretaña outorgado polo Real Coro de Toxos e Froles, o Premio Caminhos da Memoria concedido pola Universidade do Minho ou título de Embaixador Permanente de Fene.

A conferencia, promovida desde o decanato da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña, está aberta a toda comunidade universitaria e ao público xeral interesado. Prazas dispoñibles ata completar aforo.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …