Cabanas incrementa as axudas ao material escolar un 143%

O Concello de Cabanas aumentou as axudas concedidas ás familias para a compra de material escolar un 143% para o curso escolar 2023-2024. Así, pasouse de 11 solicitudes realizadas para o curso 2022-2023, con 7 concedidas e 4 denegadas; a 17 solicitudes realizadas para o presente curso, sendo aprobadas todas elas.

Respecto á contía económica das axudas, éstas tamén se viron incrementadas por parte do Concello, pasando dun total de 828,20€ repartido para o curso anterior fronte a unha adxudicación de 2.351,25€, o que supón un incremento do 184% na cantidade de diñeiro entregado ás familias.

Esta mellora nas axudas concedidas ás familias, tanto en cantidade como en concesións, enmárcase dentro da axenda social do Concello de Cabanas que busca, entre outros aspectos, favorecer que os nenos e as nenas poidan estudar dende o noso municipio, axudando ás familias con dificultades a sufragar os diversos gastos na enseñanza, á vez que se contribue a reter poboación

Lea también

La Xunta destaca en Mañón la contribución del programa Leader para crear empleo en zonas rurales

La conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ha destacado la contribución del programa Leader …