Iniciadas en Ares as obras de mellora nun tramo da rúa Os Anxos

A concellaría de Urbanismo informou do inicio das obras nun tramo da rúa Os Anxos, que abrangue dende o cruce da rúa San Xosé até a altura da rúa Irmáns Bugallo.

Trátase dunha actuación que mellorará os servizos e os pavimentos e que se configura como outra das importantes intervencións urbanísticas que se realizarán dentro do Plan Único da Deputación da Coruña en Ares.

O investimento da actuación está composto de 79.735,16 euros achegados polo ente provincial e 19.933,79 euros asumidos polas arcas municipais. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo de Ares, contextualizou o que supón a obra: “é unha continuación da nosa estratexia para humanizar e mellorar os servizos do casco urbano de Ares, e que ademais ten que poñerse en relación coa outra actuación urbanística na rúa San Xosé”.

Segundo o proxecto técnico, nas obras que veñen de arrancar no tramo da rúa Os Anxos producirase unha renovación da rede de saneamento, pluviais e abastecemento de agua, levándose a cabo tamén obras civís no alumeado, na electricidade e nas telecomunicacións.

A maiores, cubrirase a rúa cunha capa de rodadura con aglomerado, eliminando así as irregularidades do firme existente e poñendo fin ao seu estado de deterioro, instalarase un pavimento de loseta hidráulica similar á actual e realizarase a sinalización horizontal en todo o ámbito de actuación.

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, tamén adiantou próximos proxectos do Concello: “avanzaremos na humanización da Rua Fomento, pero tamén executaremos a seguinte fase do Porto na Rúa Caramanchón e a Rúa Mártires”

Lea también

Escola Museo Vivo da Ramalleira de Valdoviño participa en Portugal en unas jornadas sobre recuperación de memoria escolar

El escritor Antón Cortizas, integrante del grupo de trabajo que impulsa la recuperación del centro …