A Olimpíada de Xeoloxía suma xa 15 anos celebrándose por todo o territorio galego, sendo elixido este ano o Xeoparque Cabo Ortegal para acoller unha das probas, a da sede da provincia de A Coruña, tras a súa recente certificación pola UNESCO.
Promovida pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), xunto a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos, conta co apoio da asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal e o IES Cabo Ortegal de Cariño, lugar onde se celebrou esta actividade o mércores 7 de febreiro de 2024.
Ademais deste emprazamento, simultáneamente leváronse a cabo distintas probas nas outras sedes da Fase Galega, contando coa colaboración da Consellería de Educación, as facultades de Bioloxía de Santiago, de Ciencias da Coruña, a E.M.E. de Minas de Vigo e o Xeoparque Montañas do Courel.
No caso da sede do Xeoparque Cabo Ortegal participaron un total de 47 alumnos dos centros IES Concepción Arenal e IES Fernando Wirtz de A Coruña, IES Afonso X de Cambre, IES Concepción Arenal de Ferrol, IES Fernando Esquío de Neda, IES Virxe de Cela de Monfero e do IES Cabo Ortegal de Cariño.
As probas constaron dunha parte teórica, con preguntas tipo test, e unha proba práctica por equipos en exteriores na contorna do Cabo Ortegal. Xa pola tarde, as e os participantes pudieron descubrir en profundidade o territorio nunha visita guiada polo Xeoparque Cabo Ortegal guiada polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa.
Os gañadores destas probas nas distintas categorías foron:
Mellor grupo mixto: IES Alfonso X O Sabio (Cambre) e IES Concepción Arenal (Ferrol)
1o premio: Alejandro López – IES Concepción Arenal (Ferrol)
2o premio: Iván Arca – IES Alfonso X O Sabio (Cambre)
3o premio: Diego Sánchez- IES Fernando Wirtz (A Coruña)
Áccesit 4oESO: Román Rojo – IES Rafael Dieste (A Coruña)
O gañador do primeiro premio, Alejandro López, participará na fase española, que se celebrará
o 13 de abril en Zamora.
Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal
A elección do Xeoparque Cabo Ortegal para acoller esta proba non é casual. Certificado no ano 2022 como Xeoparque Mundial da UNESCO, a peculiaridade desta zona reside en que atopamos en superficie rochas que habitualmente están no manto da Terra, a máis de 70 quilómetros de profundidade.
É por isto que a xeoloxía ten aquí un grande campo para investigar e ampliar o seu coñecemento sobre os cambios e momentos que viviu o noso planeta durante millóns de anos.
A obtención de este distintivo da UNESCO posibilita e incentiva a ampliación do coñecemento do territorio. Os xeoparques exercen tamén como fio condutor dun turismo sostible e desestacionalizado, mesturando natureza con patrimonio, tradición, gastronomía…e por suposto, coa xeoloxía.