O medallista olímpico Manolo Martínez visita o Concello do Barco

O medallista olímpico Manolo Martínez visita o Concello do Barco de Valdeorras onde deu unha charla e realizou unha sesión técnica de lanzamento de peso cos atletas do Club ADAS O Barco 

Esta xornada enmárcase dentro das accións emprendidas de promoción que se desenvolven co gallo da disputa do Campionato de España de P.C. que se desenvolverá proximamente en Fundación Expourense.

O lanzador leonés é medalla de bronce olímpica na edición de Atenas 2004 sendo de igual modo Campión do Mundo (Birmingham 2003) así como Campión de Europa (Viena 2002) entre outros destacados méritos.

O encontro foi no Estadio Municipal de Calabagueiros e congregou a un importante número de rapaces das Escolas así como a numeroso público e medios de comunicación.

Lea también

La Casa do Deporte contará con una cubierta totalmente renovada en las obras de la ‘Cidade do Deporte’

Uno de los principales problemas que presenta el pabellón de la Casa do Deporte en …