A Alianza Aresana acolle a charla divulgativa “Maiores e dor”

A dor é necesaria, pero o sufrimento é opcional. Esta frase universal anticipa a intención da charla divulgativa que promoven as áreas de Deportes e Benestar do Concello de Ares este venres 9 de febreiro, ás 19:00 horas nas instalacións da Alianza Aresana.

Será unha boa oportunidade para afondar na diferenza entre dor, sufrimento, lesións e enfermidades e aprender, a través de exemplos prácticos, como abordar todos estes conceptos da mellor maneira, mesmo aplicando un enfoque biopsicosocial.

A charla diríxese á poboación en xeral, mais se focaliza especialmente en persoas da terceira idade ou que traballen en ambientes sanitarios ou parasanitarios. Ademais, estará impartida por Camilo Prieto Rivas, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, graduado en Fisioterapia e con múltiples especializacións en readaptacións funcionais deportivas.

A ponencia enmárcase dentro de Academia AresXSalud, unha iniciativa que achega coñecemento á veciñanza a través de 6 ponencias sobre a saúde das crianzas, dos maiores e o impacto positivo do deporte nas nosas vidas, fundamentada na colaboración entre Concello e a clínica maSSalud

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …