Pontedeume conta cun novo tractor con desbrozadora

O Concello de Pontedeume conta desde cun novo tractor con desbrozadora para mellorar a eficacia dos traballos de limpeza e desbroce nas parroquias.

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e os concelleiros Daniel Ríos e Isaac García recibiron o tractor, valorado en 155.000 euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.

“Como dixemos hai uns días cando recibimos o camión para a recollida de lixo, esta nova adquisición é froito do compromiso deste Goberno, iniciado xa no 2015, de ir renovando o parque móbil”, sinala Bernardo Fernández.

“Dende que estamos gobernando adquirimos, ademáis deste novo tractor, o camión do lixo, un vehículo para Urbanismo, outro para a Policía Local, e dous camións para Vías e Obras”, engade o alcalde.

Lea también

Neda restablece el suministro de agua en todo el municipio, pero no descarta nuevas interrupciones si persiste la sequía

Los trabajos realizados por Veolia para aumentar la entrada de agua procedente del embalse de …