As Pontes reparte 1500€ no concurso de cestas da XLIII Feira do Grelo

O Concello da As Pontes repartirá 1.575 euros no concurso de cestas da XLIII Feira do Grelo que se celebra o día 11 de febreiro

As persoas interesadas en participar deben ter como mínimo 16 anos e teñen que inscribise o domingo, 11 de febreiro, na carpa instalada na Praza de América, desde as 08:00 ás 10:00 horas. Só se admitirá un concursante por unidade familiar

Os grelos deberán presentarse en cestas que deberán conter, como mínimo, 10 madas, condición sine qua non para poder participar e a partir das 10:00 horas, o xurado  comezarán a realizar o reconto das cestas concursantes e a súa valoración.

O concurso rematará ás 11:30h coa entrega de premios na praza de América. Concederanse tres premios á calidade do premio, un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro valorado en 200 euros. Ademais haberá 5 accéstis de 75 euros cada un deles.

Haberá un Premio Especial “Alexandre Pérez Sindín” á cesta mellor adornada., valorado en 300 euros e que recibirá tamén unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira.

Bases: Enlace das bases  

https://vive.aspontes.org/wp-content/uploads/2024/01/Base-Concurso-Cestas.pdf

Lea también

Valdoviño convoca el proceso selectivo para crear una bolsa de empleo de trabajadores sociales

El Ayuntamiento de Valdoviño creará una bolsa de empleo para la cobertura de una plaza …