A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional da subvencións correspondentes ao programa F0106 destinadas a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte durante o ano 2024.
Este ano, un total de 66 entidades locais veranse beneficiadas, cunha axuda dun importe máximo de 15.000 euros para a contratación do persoal, acadando os 889.400 euros.
O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou que «grazas a estas axudas os concellos poden desenvolver unha gran cantidade de actividades que fomenten a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables».
A entidade provincial financia ata o 80% dos custos salariais do persoal técnico deportivo contratado, con achegas de ata 15.000 euros durante un ano para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa.
Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.
Enlace ao BOP:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/01/11/2024_0000000154.pdf
Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal
CONCELLO |
ACHEGA |
Ares |
15.000 |
Cariño |
15.000 |
Cedeira |
5.000 |
Fene Ferrol |
15.000 15.000 |
Moeche |
10.000 |
Monfero |
15.000 |
Mugardos |
15.000 |
Pontedeume |
15.000 |
San Sadurniño |
15.000 |
Valdoviño |
15.000 |
Total |
150.000 |