O censo electoral de Narón pode consultarse no Concello a partir do 1 de xaneiro

O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións autonómicas do 18 de febreiro do vindeiro ano permanecerá a exposición pública dende o día 1 ata o 8 de xaneiro (incluídos) no Concello, tal e como indicou a concelleira de Estatística, Mar Gómez.

A consulta pode realizarse na oficina de Atención ao cidadán do Concello, na planta baixa, en horario de 8.30 a 13.30, na Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estadística e na delegación provincial do INE, no número 12 da rúa Adelaida Muro, na Coruña.

Durante o periodo indicado poderán consultar os seus datos censais e, no caso de que non sean correctos, realizar reclamacións ao censo.

Así mesmo, habilitáronse o teléfono de contacto do INE 900 343 232 (de balde) podendo chamar de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas e tamén no fax do INE, no número 981 206 235

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …