Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará tres días deste mes na cidade de Narón.
A primeira das xornadas será este sábado 16, nas inmediacións do xulgado de Paz, en Xuvia, onde estará operativa de 10:00 a 15:00 horas.
A vindeira semana regresará a unidade móbil, concretamente o luns 18 e o martes 19, estacionando nas inmediacións do novo centro de saúde. En ambas xornadas estará operativa en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 e dende as 15:30 ata as 21:00 horas.
Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. A maiores, terán que identificarse coa tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.