Obras de mellora en As Pontes do viario que une as parroquias de Ribadeume e Bermui

O Concello de As Pontes ten previsto iniciar este luns 27 de novembro, as obras de mellora do viario que une as parroquias de Ribadeume e Bermui, coa execución dunha primeira fase que comezará no cruce do Campo e rematará no cruce do Lugar do Sixto

As actuacións, cun orzamento de 46.731,83€, con cargo ao orzamento municipal están encamiñas á rehabilitación do viario para dotalo dunha calidade óptima así como para mellorar a comodidade e seguridade do tráfico rodado e dos viandantes.

As obras comezarán coa limpeza do viario, co varrido da capa superficial e  fresado nos encontros e zonas necesarias por mor da planimetría. A continuación procederase á extensión dunha nova capa de rodaxe en aglomerado quente. As obras finalizarán coa reposición da sinalización horizontal.

Lea también

La Cofradía de pescadores de Barallobre presenta la Fiesta del Marisco 2026

La Cofradía de Pescadores de Barallobre invita a toda Galicia a acercarse los días 22 …