Formoso compromete o apoio da Deputación da Coruña a Aspanaes na integación das persoas con TEA

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, reuníronse co novo director-xerente de Aspanaes, Daniel Viéitez Solla.

Formoso destacou o importante traballo que desenvolve Aspanaes e a longa traxectoria de colaboración coa Deputación, que cada ano apoia económicamente diferentes programas e servizos da entidade, así como melloras nas súas instalacións. O presidente e a deputada interesáronse tamén polas necesidades de Aspanaes de cara ao futuro.

O presidente destacou o gran labor que desde hai máis de catro décadas desenvolve Aspanaes para a integración social e laboral das persoas con trastorno de espectro autista (TEA) e garantiu que “a Deputación seguirá apoiando económicamente a unha entidade que é unha referencia no seu ámbito e contribúe a mellorar a vida de centos de persoas con TEA e das súas familias”.

Aspanaes é unha das 273 entidades sociais que cada no contan co apoio económico da Deputación. Nos últimos anos, a Deputación da Coruña contribuíu a financiar programas e terapias de fomento da autonomía persoal das persoas con TEA, a acondicionar, amoblar de dotar de material informático ao novo centro de Aspanaes no Monte do Gozo (Santiago) ou a adaptar as súas instalacións en Ferrol. O pasado mes de outubro, a Deputación entregou tamén a Aspanaes un novo vehículo adaptado para o transporte dos seus usuarios.

Viéitez solicitou a colaboración da Deputación no proxecto de Aspanaes de ampliar o seu servizo de atención temperá, co que pretende mellorar a detección precoz e atención a menores con TEA.

Lea también

Gómez Caamaño destaca la respuesta del Sergas ante los cerca de 2.000 ictus que se producen cada año en Galicia

El conselleiro visita en Lugo el Autobús del Cerebro y reivindica la prevención ante dolencias …