O Concello de As Pontes, coa financiación da Deputación da Coruña, ten previsto acometer a renovación da capa de rodadura dos camiños rurais do Rego, O Couce e O Castro.
As obras, cun orzamento de 36.130 euros, inclúen a limpeza xeral e o reperfilado das cunetas así como o rebacheo das zonas necesarias coa aportación de grava e tratamento asfáltico semiprofundo, para seguidamente proceder a un rego de imprimación con emulsión asfáltica e executando unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente
Así mesmo, excutarase un reforzo de bordos,dentro da plataforma existente, cunha capa de zahorra artificial. As obras finalizarán coa reposición da sinalización horizontal necesaria.