O BNG de Narón insta a Deputación a que invista en diferentes estradas e camiños

O BNG de Narón alega a «situación de perigosidade da estrada de San Xiao, a do 13 e a estrada do Feal (este último cun proxecto técnico na área de vías e obras da Deputación da Coruña) para que Valentín Formoso, presidente da Deputación cumpra e traballe polas necesidades da octava cidade deste país»

“Pedimos que Valentín non veña de paseo e a sacarse unha foto mentres non se comprometa definitivamente con Narón” declara Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón. “En Narón temos un problema de mobilidade no seu conxunto mais se non atopamos compromisos das administracións dificilmente son realizábeis. A Asemblea local de Narón ten reclamado durante moito tempo con campañas; recollidas de sinaturas, reclamacións nas diferentes institucións para que isto se solucione. A cidadanía de Narón non pode esperar máis” afirma Grandal.

Se adxuntan as declaracións de Marta Grandal

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …