Unha unidade de ADOS desplázase tres días a Narón a vindeira semana

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o luns 18, mércores 20 e xoves 21 deste mes na cidade de Narón.

Na primeira das xornadas, o luns 18, o vehículo estará operativo de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas na rúa Pintor Sotomaior, na Gándara, se ben na xornada do 20 e 21 permanecerá nese mesmo horario nas inmediacións do novo centro de saúde, tal e como informaron dende ADOS.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

Apertura en Narón do novo Complexo das Piscinas de Verán do Couto

Os abonos mensuais pódense adquirir desde este mércores nas oficinas do Padroado de Deportes en …