“É unha soberana tomadura de pelo á cidadanía de Ferrolterra o que Alberto Núñez Feijóo e o resto do Partido Popular están a facer co sector naval, sobre todo nestes dramáticos momentos de crise, falla de carga de traballo e despidos case a diario na empresa auxiliar”. Así de contundente se mostrou a candidata número 3 ao Parlamento, Beatriz Sestayo, con respecto ás declaracións de Feijóo realizadas no debate de onte da TVG con Pachi Vázquez acerca dos “presuntos contratos” de Pemex para a construcción dun flotel en Navantia e sobre o dique flotante, un dos compromisos feitos por Pachi Vázquez e garantido a través da dotación orzamentaria por parte da Xunta dunha parte da execución do mesmo.
Para a candidata, o acontencido onte é “intolerable” e unha mostra máis de que “Feijóo non ten ningún tipo de escrúpulo á hora de enganar á cidadanía con tal de arañar uns votos”. Refírese Sestayo á lectura, por parte do candidato do PPdeG, dunha carta remitida por un conselleiro delegado de PMI Internacional –que non Pemex, matizou a responsable do PSOE-, na que éste “inventa cousas, como que o contrato será invalidado se é público, que se non fora pola gravidade do que supón, provocarían a risa e o choteo de calquera”. “Isto é cada día máis esperpéntico”, dixo a número 3 socialista, para a que “Pachi Vázquez puxo en evidencia as mentiras de Feijóo, esixíndolle que ensinase o contrato á opinión pública simplemente para que o sector naval, nunha situación moi crítica nestes últimos meses, resolverá as inquedanzas suscitadas polos responsables da propia petroleira mexicana e a prensa dese país, que teñen negado ao longo de todos estes días a existencia dun contrato en firme cos asteleiros galegos”.
E é que, para os socialistas, a solución ao grave problema do naval na ría de Ferrol non remataría coa construcción dun flotel, que en todo caso sería benvido, senón que o dique flotante constitúe un elemento imprescindible, fundamental e decisivo para o presente e futuro deste sector estratéxico para toda a comarca. A este respecto, Sestayo destacou a “escapada” de Feijóo no debate, “saíndo pola tanxente en canto Pachi Vázquez lle lembrou o seu flagrante incumprimento electoral co naval e mentindo unha vez máis cando citou a existencia dun informe financieiro desaconsellando o dique, cando ese informe foi realizado, e dado a coñecer recentemente por carta aos integrantes da comisión de seguimento, polo delegado de Navantia, que todo o mundo sabe que está xestionada polo Goberno do PP”.
De aval persoal do dique e máximo valedor desta infraestrutura -con sinatura dun contrato coa cidade incluida-, a “botar balóns fóra e rehuir de calquera responsabilidade e compromiso”. Este é, segundo Sestayo, o comportamento do máximo responsable do Partido Popular de Galicia coa cidadanía, e especialmente coas persoas desta comarca, unha das máis castigadas coa crise económica.
En canto ao conxunto do debate, Beatriz Sestayo manifestou que “é evidente que o claro vencedor foi Pachi Vázquez, que falou como o futuro presidente de Galicia, unha terra que deixou claro que coñece á perfección”. En contraposición, dixo Sestayo, “o candidato do PP falou de feijóolandia, a Galicia que percibe unicamente el dende a súa perspectiva do seu despacho oficial”.
“As familias de Galicia víronse reflexadas en Pachi Vázquez, que estivo cercano, comprometido coa súa terra e con propostas cribles, razoables e perfectamente fundamentadas”, afirmou a candidata socialista.
Pues esta Sr.Sestayo, inasequible al desaliento como declarada sectaria socilista, descalifica al adversario aún cuando sabe que las encuestas y los medios dieron como vencedor a Feijoo, y así lo proclamó la Voz en su portada:»
La prensa gallega es prácticamente unánime en su veredicto: Feijóo ganó el debate.
La prensa gallega es prácticamente unánime acerca del debate televisivo que este lunes por la noche enfrentó a los candidatos popular y socialista en la TVG, el primero en 19 años. No hay más que ver el titular de La Voz de Galicia: Núñez Feijóo toma ventaja a un Pachi Vázquez incisivo, y el resultado de la encuesta que el diario hizo después a través de su página web.