O Concello de Narón instala un columpio adaptado para cadeiras de rodas no parque infantil de Freixeiro

O concelleiro de Servizos de Narón, Ibán Santalla, informou da instalación dun columpio adaptado para nenas e nenos en cadeira de rodas no parque infantil de Freixeiro. “Nos vindeiros días, en canto se coloque o solo de caucho, este novo elemento de xogo estará plenamente operativo, facendo do de Freixeiro un parque máis integrador e seguindo a liña do traballo xa realizado noutros parques infantís da cidade”, apuntou Santalla.

“É un columpio cun acceso por rampa para a cadeira de rodas e que dispón de dúas cordas para axudar a balancearse unha vez dentro, moi seguro e coas homologacións pertinentes, como non podía ser doutro xeito”, indicou o edil de Servizos.

A cidade conta xa con columpios adaptados nos parques da Gándara e Xuvia e a previsión é, tal e como asegurou Santalla “que no caso de que se detecte máis demanda tanto de columpios adaptados como doutros como o que se poderá utilizar no parque de Freixeiro, os vaiamos instalando”. O novo columpio está perfectamente integrado no parque infantil de Freixeiro, que é xunto cos da Gándara e Xuvia dos máis concurridos

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …