Na mañanciña de onte, como primeiro acto de campaña, o candidato do BNG ao Parlamento galego Fernando Branco presentou o programa electoral, que será «o eixo do debate coa xente, da defensa dos seus intereses e das propostas para resolver os seus problemas”.Fernando Branco aclarou ademáis que, fronte aos que utilizan a problemática da comarca – nomeadamente, o naval – como simple mercadoría electoral, “desde o BNG queremos aportar alternativas e solucións”.
No acto – no que estivo acompañado polo coordinador comarcal da campaña, Manuel Rodríguez Doval – déuse conta dun calendario de máis de medio cento de actos; a comezar polo que hoxe mesmo se vai celebrar en S.Valentín-Fene, «ún dos lugares máis castigados pola política de liquidación do sector naval naval na comarca”, no que o BNG explicitara as súas propostas de defensa do sector: carga de traballo, dique flotante e levantamento do veto á construción naval civil.»
Precisamente, a defensa dos sectores produtivos constitúe o principal eixo das propostas dos nacionalistas, xa que «non hai outra alternativa que a economía productiva fronte á economía especulativa; verdadeira culpábel da malchamada crise”.
Fernando Branco fixo tamén referencia a outros sectores que «foron prácticamente liquidados pola aciión política do PP, como o eólico» e que teñen xerado nos últimos tres anos unha alarmante perda de poboación.
«Nós crémos nas potencialidades da comarca e, en conxunto, de Galiza; pero precisamos gobernos que miren para os problemas da xente, e non para Madrid, Bruxelas ou os bancos” reiterou Branco, facendo referencia ao potencial económico que pode xerar «unha ría saneada, en troques do desleixo que o sector marisqueiro está vivindo últimamente”.
Para desenvolver estas potencialidades, o candidato falou de novo de «defender unhas comunicacións ferroviarias, tanto de cercanías como co resto do estado” en referencia´á falta de políticas activas do goberno galego e do estado a respecto do desmantelamento dos servizos de RENFE e FEVE na nosa comarca
Finalmente, Branco fixo referencia tamén á importancia de contar con servizos públicos e de calidade “para atender aos sectores sociais que, aínda por riba de ter que padecer situacións que en moitos casos están no límite da pobreza, vénse privados de servizos que ata agora eran universais e gratuitos”.