O BNG comprométese poñer en valor o patrimonio prehistórico de Ferrol

Iván Rivas, candidato do BNG á alcaldía de Ferrol, avanzou este domingo «a proposta nacionalista para a creación na nosa cidade dun centro de interpretación da cultura prehistorica da nosa cidade que englobaria a cultura castrexa, os petroglifos e a necrópole dos Montes do Chá entre outros elementos patrimoniais desta cultura que forman parte intrínseca dunha cidade como Ferrol»

O BNG achegouse á parroquia de San Xurxo para «desenvolver un roteiro guiado polo castro de Lobadiz daman da Asociación de Ferrolterra Antiga, unha asociación que está a desenvolver un traballo inxente de recuperación e posta en valor de todo patrimonio da cidade. O Obxectivo desta actividade é descubrir os grandes recursos que temos en Ferrol e que debemos poñer en valor»

Iván Rivas salientou que «xunto ao castro de Lobadiz temos na zona o castro de Fontá ou a Lagoa de Doniños, o castro de Esmelle, a ermida de Santa Comba, os petroglifos de Chamorro elementos que constituen un rico patrimonio etnoloxico e arqueolóxico que nos vincula co máis profundo da cultura galega e que nunha cidade como Ferrol son recursos que compre poñer en valor, que compre ordenar e que compre recuperar»

Iván Rivas avanzou «o compromiso do BNG na recuperación e limpeza de todos estes epazos, a promoción da súa investigación mediante escavacións arqueolóxicas que nos ofrezan un coñecemento máis personalizado sobre o que ten acontecido aquí naqueles momentos da historia. Ademáis acompañar estas medidas coa súa xestión a través da creación dun centro de interpretación sobre esta cultura. O BNG quere poñer en valor todos estes elementos dun valor salientable»

«En Ferrol debemos darnos conta que unha das grandes potencialidades que ten esta cidade é poñer en valor o seu patrimonio e a súa recuperación.. Polo que situou a creación deste centro de interpretación como un elemento chave xunto a vontade do proximo goberno local liderado polo BNG que estabelecerá unha nova referencia na cidade de Ferrol pensada desde o pasado para encarar o futuro»

Se adxuntan dous audios de Iván Rivas

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …