Se anuncia en Cabanas a programación das Letras Galegas

O Concello de Cabanas conmemora o Día das Letras Galegas, adicado neste 2023 a Francisco Fernández del Riego, cunha axenda de eventos que se estende ao longo do mes de maio, e que inclúe actividades para todas as idades.

Esta programación comeza o mércores, 10 de maio, coa actuación de Migallas Teatro e o seu espectáculo “Orella Pendella”, dirixido a crianzas de entre 0 e 3 anos. Está deseñado para mellorar a capacidade cognitiva e comunicativa das máis pequenas e desenvolverase no Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas, ás 10 horas.

O luns 15 de maio, ás 19.00h, a Escola Laica acollerá a o espectáculo “Un día para as Letras. Unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego”, de Polo Correo do Vento. Trátase dunha actividade de contacontos ilustrado, no que se desenvolverá unha versión adaptada da biografía do autor homenaxeado polas Letras Galegas, mentres un ilustrador fará un mural e un músico interpretará temas orixinais vinculados a Del Riego. Esta actividade conta con financiamento da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Por último, o sábado 20 de maio ás 12 horas no parque do Areal (ou na escola laica no caso de choiva), a compañía Fantoches Baj desenvolverá o espectáculo de monicreques “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, inspirado na obra “Galicia” de Fernández del Riego, no que traslada a nosa maxia dos camiños, cancións e lendas. Está pensado para o público infantil.

IV Certame de Poesía e Microrrelato

Cabanas tamén ten aberto o prazo de presentación de obras ao IV Certame de Poesía e Microrrelato, cun total de catro categorías e premios que consistirán en cestas elaboradas con produtos de proximidade. As persoas interesadas deben presentar as súas obras a través do correo normalizacion@cabanas.gal até o 14 de maio, de acordo coas bases publicadas na web cabanas.gal

Lea también

El Cupón de la ONCE dejó a un hostelero de As Pontes los 500.000 euros de su premio mayor

El Cupón Diario de la ONCE ha dejado a un vecino de As Pontes los …