Axenda de actividades do 5 ao 7 de maio en Narón

Venres 5 de maio de 2023

-Actividade: Concerto de Nadine Khouri, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura.

A libanesa afincada en Londres,  Nadine Khouri presentará no Pazo o seu novo disco, “Another life”, con temas motivados polo sentimento de saberse forasteira a perpetuidade. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 6 de maio de 2023

-Actividade: Top Estatal Xóvenes de Tenis de Mesa, a partir das 9.40 horas, no Pavillón polideportivo da Gándara

O Concello e a Real Federación Española de Tenis de Mesa organizan xunto co Club Tenis de Mesa Narón este evento, no que participarán un total de 64 deportistas chegados de clubs procedentes de varias comunidades.

-Actividade: Maios; A partir das 11.00 horas, na  Praza de Galicia e inmediacións do Centro Cívico Social de Piñeiros.

O Padroado da Cultura e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizan un ano máis esta celebración para festexar a chegada da primavera. Ás 11.00 horas realizarase unha alfombra floral na praza de Galicia e ás 16.30 horas concentraranse os Maios no Centro Cívico Social de Piñeiros para saír ás 17.00 horas cara á Praza de Galicia. Alí serán recibidos polos grupos do Padroado da Cultura sobre as 18.00 horas.

-Actividade: XII Feira Multisectorial Agrícola; de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, no Recinto feiral do Trece (Sedes).

O recinto feiral do Trece acollerá unha nova edición deste evento, no que se poderán ver as últimas novidades en maquinaria agrícola e haberá unha trintena de postos de venda de diferentes produtos. Alimentación, artesanía, prantas da horta e ornamentais, antigüidades… forman parte dos produtos que se poderán adquirir. A entrada é de balde.

-Actividade: Teatro-circo: “Sopla!”; ás 20.00 horas no Pazo da Cultura.

O Pazo acolléra esta paeza no que o público poderá ver varias técnicas circenses con música en directo e humor. Trátase dun espectáculo coral que sitúa aos personaxes a maior parte do tempo en escena e que se inspira nos anos 20 do século XX. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 7 de maio de 2023

-Actividade: Top Estatal Xóvenes de Tenis de Mesa; A partir das 9.00 e ata as 13.30 horas , no  Pavillón polideportivo da Gándara.

-Actividade: XII Feira Multisectorial Agrícola;  De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, no Recinto feiral do Trece (Sedes).

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …